![As actividades trasladanse as parroquias polas tardes cos serans ludicos]()
As actividades trasladanse as parroquias polas tardes cos serans ludicos
O concello de Vimianzo continúa coa programación de actividades culturais para a segunda quincena de agosto. De luns a venres, todas as mañás as nenas e nenos maiores de 3 anos poden participar nos
talleres culturais que se desenvolven na Casa da Cultura. Pola tardes as actividades trasládanse ás parroquias. En todas as parroquias se desenvolven talleres e proxeccións de filmes adaptados á idade infantil.
Na tarde do pasado mércores, as nenas e os nenos aprenderon as técnicas da olaría de Buño no taller de modelado de barro que tivo lugar no Castelo. Este taller repetirase o vindeiro mércores. E hoxe, perto de 80 nenas e nenos desprazanse até Cerceda para gozar no parque acuático.
A
festa fin de verán chegará o sábado 27 de agosto na praza do Concello vimiancés e o domingo (día 28) celebrarase o
día da bicicleta.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Vimianzo