As familias vimiancesa xa poden solicitar axudas para o curso escolar
O Concello de Vimianzo destina máis de 16.000€ en axudas ás familias. A Xunta de Goberno Local do pasado luns 17 de novembro, resolveu recentemente a Convocatoria de axudas para o inicio do curso escolar.
O orzamento que destinou este ano para este fin é de máis de 16.000€. Concedéronse un total de 138 axudas, o que fai unha media de máis de 120€ por familia.
En total 197 alumnos de educación obrigatoria de Vimianzo vanse beneficiar destas axudas. Podíanse solicitar axudas para gastos como libros de texto, material escolar, roupa e zapatos e eran compatibles coas axudas doutras administracións.
Tamén se concederon axudas á natalidade a 10 familias, todas as que o solicitaron, por un total de 1.000€
O obxectivo destas convocatorias é “facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar e paliar, en momentos de crise, os gastos que o nacemento dunha filla ou fillo lles supón ás familias contribuíndo a minorar o impacto económico deste feito”, asegura o Concello.