Sábado. 11.05.2024
El tiempo

Baiñas agarda polo novo centro socio-cultural

Baiñas agarda polo novo centro socio-cultural

Novidades na parroquia de Baíñas, nos últimos tempos moi coidada polos representantes políticos. Se as semanas pasadas varios membros da corporación se achegaban para sacar a foto de rigor coa nova depuradora, esta semana toca Centro Cultural.

Así nos informa o Concelleiro de Obras e Urbanismo de do Concello de Vimianzo (Roque), que xunto ao técnico municipal Julio Vázquez, fixeron a acta de replanteo do novo centro socio-cultural de Baíñas este pasado venres.

Unha obra tan loitada e desexada polos veciños e veciñas da parroquia de Baíñas. Emplazada na estrada que transcorre de Baíñas a Baio.
A inversión é duns 180.000 euros, e está subvencionada pola Deputación Provincial (POS).

Ademais, o propio Roque afirma que vai propoñer para o novo POS do ano 2012, "a compra da parcela lindante para habilitar unha zona de aparcadoiros e unha praza multiusos (onde se poderán celebrar festas, feiras...)".

Os maiores do Castelo, ás Burgas

Entrementres a veciñanza vimiancesa percorre o país. A Asociación Cultural O Castelo de Vimianzo organizou unha viaxe a cidade de Ourense na que visitaron a feira de Termatalia, as Burgas, Catedral e o Centro de Ourense, pola tarde desfrutaron do bo tempo nas Pozas de Outariz.

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do Concelleiro de Obras e Urbanismo de do Concello de Vimianzo e da Asociación O Castelo.

Comentarios