Concello e oposición preocúpanse polo peche da Escola Unitaria de Carnés
O pasado venres confirmábase a nova do peche das Escolas Unitaria de Carnés, Vimianzo, e de Torrexallóns, en Laxe. Unha situación que fai que os grupos municicpai amosen a súa preocupación.
O grupo de goberno, comandado pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, mantivo a pasada tarde unha xuntanza coas familias da rapazada escolarizada ata este curso académico na Escola Infantil de Carnés. O goberno municipal aseguran que "tanto por parte do Concello de Vimianzo como da Xunta de Galicia, administración competente en materia educativa, existe vontade de manter aberta a Escola Unitaria de Carnés".
A alcaldesa sinalou que o propio xefe territorial de Educación da Xunta de Galicia, Indalecio Cabana, lle trasladou esa mesma mañá que "é condición indispensable que se manteña a ratio de, como mínimo, SEIS (6) nen@s por docente para que este servizo". Así, e tendo en conta que o prazo de matrícula remata o vindeiro 8 de setembro, e habendo xa 4 familias interesadas, faltarían dúas novas matrículas para poder esixir a reapertura.
Reaccións dende o BNG
O BNG que lembra que "das tres escolas que pechan na provincia, dúas pertenecen á Costa da Morte. Dende o noso grupo defendemos a vida no rural e pedimos que as institucións axuden ás familias a poder vivir aquí e non aos peches de servizos esenciais. Apelamos a todas as persoas involucradas a dar o máximo para defender a vida no rural e a aproveitar as oportunidades dun modelo de educación non masificado, familiar e en contacto direto coa natureza".
O grupo da oposición lembra que as escolas unitarias do noso rural son "garantía unha ensinanza de moi alta calidade ás crianzas da parroquia, pois ata o pasado curso, os nenos e nenas de Carnés contaban co privilexio dun docente para tan só 5 alumnos".
O grupo critica o "desinterese" da alcaldesa Rodríguez.