O BNG volve a preguntar no Parlamento polo retraso na entrega de títulos da concentración parcelaria de Carnés e Cereixo

Benxmain Queiro e Oscar Insua BNG
Benxamín Queiro e Oscar Insua
O BNG volve a preguntar no Parlamento polo retraso na entrega de títulos da concentración parcelaria de Carnés e Cereixo

O BNG de Vimianzo, a través do deputado Oscar Insua, vén de volver a preguntar no Parlamento galego polo retraso na entrega de títulos de propiedade notariais da concentración parcelaria de Carnés e Cereixo, que afecta a máis de mil propietarios de parcelas.

Na iniciativa parlamentaria, Oscar Insua pregunta ao goberno galego en que estado se atopan os traballos da concentración parcelaria en Carnés e Cereixo, e cal é a previsión para finalizar de forma definitiva a concentración parcelaria nestas zonas.
Ademais, o parlamentario nacionalista quere saber se neste ano 2025 van a entregarse os respectivos títulos de propiedade, e se apareceu algún problema ou inconveniente que impida a finalización do expediente.

O voceiro municipal do BNG de Vimianzo, Benxamín Queiro, declarou que “desde o noso grupo estamos coa veciñanza de Carnés e Cereixo para exixir á Consellería de Medio Rural que poña todos os medios posibles para finalizar o proceso canto antes, e non pararemos de insistir para dar solución a este retraso que consideramos inxusto”.

O BNG lembrou que, en xaneiro deste ano, Benxamín Queiro e o deputado Oscar Insua entregaron un escrito con máis de 200 sinaturas da veciñanza na Xefatura Territorial de Medio Rural da Coruña, no que se pedían apurar os trámites.

 

Comentarios