xoves. 13.02.2025
El tiempo

O BNG de Vimianzo incita á Xunta para axilizar a entrega dos títulos da parcelaria de Carnés e Cereixo

Reunion do BNG de VImianzo co vecinanza de Cereirxo
O deputado Oscar Insua e o voceiro municipal Benxamín Queiro reuníronse coa Xefa de Servizo de Estruturas Agrarias da Coruña para obter información do estado no que se atopa o proceso
O BNG de Vimianzo incita á Xunta para axilizar a entrega dos títulos da parcelaria de Carnés e Cereixo

En novembro do pasado ano comezaba o proceso da concentración parcelaria de Carnés e Cereixo. Pero a veciñanza necesita que se axilice o proceso. Así o percibe o  BNG de Vimianzo, que vén de presentar na Xunta máis de 200 sinaturas da veciñanza para axilizar a entrega dos títulos da parcelaria.

Os representantes do BNG mantiveron ademais unha xuntanza coa Xefa de Servizo de Estruturas Agrarias da Coruña, Belén Mosquera, para obter información do estado no que se atopa o proceso administrativo, que leva anos de retraso e que provoca preocupación entre os afectados.
A funcionaria de Medio Rural indicoulles que están traballando para que durante este ano 2025 se poidan entregar os títulos definitivos da concentración parcelaria, e que a demora neste asunto débese a cuestións técnicas que hai que corrixir.

Oscar Insua sinalou que “non se pode estar 40 anos tramitando unha concentración parcelaria, pois isto non axuda nada a impulsalas noutros lugares; o BNG está coa veciñanza de Vimianzo para exixir que poñan todos os medios posibles para finalizala canto antes”.
Pola súa banda, Benxamín Queiro manifestou que “non pararemos de insistir para dar solución a este retraso que consideramos inxusto, pois cómpre recordar que  o proceso foi  rematado en firme no 2020 e, polo tanto a Xunta debe dar prioridade aos posibles problemas que puideran ter xurdido despois, como así o ten feito noutras concentracións iniciadas con posterioridade á de Cereixo e Carnés, pero nas que, non obstante, xa se entregaron os títulos aos seus  propietarios”.

Máis novas

Comentarios