Bo relevo para armar un 20º aniversario do Asalto ao Castelo cheo de música
Necesitaba un relevo o grupo organizador do Asalto ao Castelo de Vimianzo. E a canteira creada durante todos estes anos demostra que hai moita arte na vila soneirá. Chega o 20 aniversario, e tras dúas décadas a xente está tremendamente ilusionada.
A organizadora Asociación Cultural Cherinkas ponse mans á obra, reforzando a comunicación, da que estarán ao mando os novos xornalistas Alba Mancebo Soto, vicepresidenta da asocaición e unha das habituais protagonistas da representación teatral, e Manuel Rial. Ademais, Iván Romero Lema xunto con Carlos Gómez coordinarán o asunto dos Pinchos Irmandiños.
Unha ruta de pinchos tan singular que xa están en marcha, e serán 20 establecimentos os que participen este curso.
CD Irmandiño Son
Ademais, sabemos xa que unha das grandes novidades desta XX edición do Asalto ao Castelo 2015 acaba de poñerse en marcha. A aposta pola música, a través de 12 artistas ou grupos, plasmarase na gravación en estudo dun CD, baixo o título de Irmandiño Son, onde diferentes formacións, desde o seu estilo, crearán unha canción inspirada nunha historia irmandiña.
Este CD nace baixo o amparo da A.X.Cherinkas e do Concello de Vimianzo e verá a luz unhas semanas antes do grande día do Asalto, isto é, no mes de xuño.
Os artistas, todos vimianceses, que veñen de sumarse ao proxecto son:
- 1- Asalto ao Castelo (Teatro)
- 2- Perkuchanga (Repercusión-charanga)
- 3- Efraín (Electrónica)
- 4- Civiero (Rap, Hip-hop)
- 5- Animundis (Música Contemporánea)
- 6- Bastardos de Rivera (Punk)
- 7- A. C. Trubisquiña (Tradicional)
- 8- Serj (Folk)
- 9- Troitamundos (Rock)
- 10- Fugao´s (Pop)
- 11- Suso Quinito (Música de autor)
- 12- Coral Lusco e Fusco (Coral)
Agora mesmo, comeza a fase de creación, a cal rematará en marzo, para a partir de aí proceder a gravación, edición e masterización do disco.
Máis información
Novas relacionadas
- A Cherinkas, que se fai maior, decidirá se segue ao mando do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).
- Asalto 2013: Os mellores Pinchos Irmandiños xa teñen premio.
- Asalto 2013: O Asalto cumplíu a maioría de idade e segue medrando.
- Asalto 2012: O Asalto definitivo (en vídeo).
- Asalto 2012A Revolta Irmandiña máis numerosa tomou Vimianzo.
- Asalto 2011: A Cherinkas pégase unha autohomenaxe irmandiña.
- Asalto 2011: O Asalto 2011 en vídeo.
- Asalto 2011: Os irmandiños volveron recuperar o poder do Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2010: As fotos que os Irmandiños non viron.
- Asalto 2010: O pobo irmandiño retomou Soneira.
Fonte
- Asalto ao Castelo.