Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Castelo de Vimianzo abre as portas por Semana Santa

FOTO VIMIANZO- Comeza a programación de visitas guiadas para esta Semana Santa do Concello coas visitas ao Castelo (1)
Comezou a programación de visitas guiadas para esta Semana Santa do Concello coas visitas ao Castelo (1)
O Castelo de Vimianzo abre as portas por Semana Santa

Este pasado xoves deron comezo as visitas guiadas compendiadas dentro da programación para Semana Santa co Castelo como epicentro de actividades. Hai visitas guiadas e teatralizadas hoxe, xoves 14de abril, o venres 15 de abril, o sábado 16 de abril e o domingo 17 de abril, cos Quinquilláns como protagonistas (nas teatralizadas).

Os horarios para as teatralizadas serán ás 12:30 horas e 17:00 horas, estando reservado solo unha sesión para o domingo, ás 12:30 horas. Os das visitas guiadas, ás 11:00 horas, 14:00 horas e 18:30 horas e o domingo tan só unha sesión ás 17:00 horas.

Outros dos espazos reservados para acoller actividades durante os días festivos son os Batáns e Muíños do Mosquetín, os días 14, 15, 16 y 17 a las 15:30 horas. No Porto de Cereixo, na barca prodixiosa de Cereixo, o 15 de abril ás 19:00 horas, e por Cereixo, o mesmo día ás 19:45 horas.

No Castro das Barreiras, logo dos últimos traballos no que se descubriu unha porción de muralla, haberá visitas guiadas o 14 e o 16 de abril ás 20:00 horas e o 17 de abril ás 18:30 horas.

As inscricións poderán facerse en www.vimianzo.gal/turismo e resérvanse 20 prazas para participar en cada visita. Serán de balde e os menores deberán ir acompañados dun adulto.

Mostra de Artesanía en Vivo

Desde o Concello, animan a todas as persoas que así o desexen, a visitar o Castelo de Vimianzo nesta Semana Santa, onde haberá demostracións de tratado do liño, encaixe, maquetaxe de barcos, traballos en palla, artesanía de prata e vidro e traballos en coiro e papel.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca que este é un programa “pensado por e para todas as persoas que desexen coñecer máis pormenorizadamente a Artesanía da Costa da Morte, pero tamén os nosos lugares máis senlleiros. Os Quinquilláns sempre lle dan un toque especial ás visitas, e estamos moi felices de volver a poder contar con eles”, afirma.

Resumo

  • Xoves 14 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns do Mosquetín ás 15:30 horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 17:00 horas. Visita guiada no Castelo ás 18:30 horas. Visita guiada no Castro das Barreiras ás 20:00 horas.
  • Venres 15 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns ás 15:30 horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 17:00 horas. Visita teatralizada en Cereixo cos Quinquilláns ás 19:00 horas e guiada en Cereixo ás 19:45 horas.
  • Sábado 16 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns ás 15:30 horas. Visita teatrallizada no Castelo cos Quinquilláns ás 17:00 horas. Visita guiada no Castelo ás 18:30 horas e visita guiada no Castro das Barreiras ás 20:00 horas.
  • Domingo 17 de abril: Visita guiada no Castelo de Vimianzo ás 11:0o horas. Visita teatralizada no Castelo cos Quinquilláns ás 12:30 horas. Visita guiada nos Batáns ás 15:30 horas. Visita guiada no Castelo ás 17:00 horas. Visita guiada no Castro das Barreiras ás 18:30 horas.

 

Comentarios