Luns. 14.10.2024
El tiempo

Castro das Barreiras: un exemplo de investigación e de divulgación

Cada vez está máis preto a realidade dun museo ou exposición para poder explicar os restos cerámicos que se atoparon no lugar.
Castro das Barreiras de Vimianzo 2022 2
Castro das Barreiras: un exemplo de investigación e de divulgación

O do Castro das Barreiras é unha das mellores demostracións de como un Concello pode apostar polo seu patrimonio. Dende 2010 Vimianzo leva descubrindo un castro que levaba séculos agochado debaixo de metros e metros de terra. E este 2022 non vai ser diferente. Esta semana arrincaba unha nova campaña de escavación coa mirada posta no gravado rupestre dunha das cabanas.

O principal obxectivo é descubrir o gravado rupestre que se atopou nunha das cabanas, así como ampliar a área visitable do mesmo. “O Castro a nivel arqueolóxico é moi fértil, co cal sempre que vimos agardamos moi bos resultados”, apunta o responsable dos traballos, un Tito Concheiro, que pon en valor a singularidade deste castro, que cada campaña destapa novidades específicas.

Divulgación

Castro das Barreiras de Vimianzo 2022
Responsables municipais con Tito Concheiro presentando a campaña

Pero tan importante como o propio proceso de investigación é a divulgación. E nesa liña o Concello aposta por exportar este coñecemento nas escolas da bisbarra. Serán arredor de 500 alumnas e alumnos de centros tanto de Vimianzo como de Baio, os que participarán nas visitas guiadas, que se sumarán á realidada esta fin de semana coas persoas que participen na xuntanza de autocaravanas.

Neste sentido, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, destacou “o traballo tanto das áreas de Deportes e Cultura como de todo o equipo de arqueoloxía, que como dixo antes Tito, está ó servizo da cidadanía, e realizan unha labor fundamental: a de difusión do coñecemento á sociedade”, e admite que “é ilusionante o que se vai vivir neste xacemento a vindeira semana”.

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, puxo de relevancia “a participación de tantas pequenas e pequenos nunhas visitas que estarán lideradas pola persoa indicada, Tito Concheiro, e que encherá as súas mentes de fantasía”.

Por último, Víctor Santos, Técnico de Deportes do Concello de Vimianzo, puxo de relevancia “a grande riqueza patrimonial de Vimianzo, refutada co éxito do programa de autocaravanismo da pasada fin de semana, e a través destas rutas tratamos de promover a actividade deportiva e coñecer os recursos naturais e patrimoniais de Vimianzo”, asegurou.

CEIP eugenio Lopez no Castro das Barreiras 2
Imaxe dunha visita do CEIP eugenio Lopez ao Castro das Barreiras

Proxecto museístico

Un dos avances que se comunicou na rolda de prensa celebrada esta mañá no xacemento é a creación dun museo, dunha exposición, para que o pobo de Vimianzo e as e os visitantes, poidan comprender e entender de mellor maneira o que sae das Barreiras.

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios