Xoves. 25.04.2024
El tiempo

“O Castro das Barreiras vaise converter na auténtica locomotora do patrimonio cultural de toda a comarca”

Castro das Barreiras
Volven os traballos arqueolóxicos ao Castro das Barreiras
“O Castro das Barreiras vaise converter na auténtica locomotora do patrimonio cultural de toda a comarca”

Esta mañá presentábase a nova campaña de escavación arqueolóxica no Castro das Barreiras. Un fito para a Costa da Morte, pois son xa 11 anos de continua aposta municipal por un xacemento arqueolóxico, polo aproveitamento do patrimonio como motor económico.

Presentacion da nova campana do Castro das Barreiras Vimianzo 3 copiaA alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Cultura, Rosa Blanco; e os arqueólogos Tito Concheiro e Luis Franciso López, presentaron hoxe os novos traballos.

Foi o coñecido e recoñecido Tito Concheiro o encargado de presentar as novas ideas que abre esta campaña. O equipo de Terra Arqueos cren que coa nova escavación se poderá ofrecer unha “nova visión” ao xacemento. “Este castro en vivo e en directo é espectacular e sempre que vimos nos da algo engadido que lle suma calidades para facelo un xacemento sen parangón”, sinala.

O ano pasado os achádegos máis importantes foron o escalonamento da muralla e o cemiterio de cerámica. Este ano a principal novidade será o descubrimento da primeira “Cabana de poste” no Castro, unha construción que data de moito antes das típicas castrexas. “Podemos estar ante as primeiras épocas das Barreiras, e isto suporá un antes e un despois en como entendemos todo este xacemento”, determina Tito Concheiro. Mesmamente onte aparecía o fragmento dunha fíbula de bronce, que era como un “imperdible” e que é a primeira vez que aparece no Castro. Esta é a “promesa” de que vai haber mellores descubrimentos no Castro das Barreiras”, di Tito Concheiro.

Acometerán traballos na mullara e ampliarán a casa que se descubriu o ano pasado, así como o cemiterio cerámico.

Esta non será a única campaña deste ano, e na segunda intervención durante o mes de setembro, traballarasse sobre o outro sector da muralla.

Ademais, en outono farase outra incorporando ademais á rapazada, como xa se ten feito noutros anos, reactivando as visitas escolares. Unhas visitas que xa comezan a semana que vén no centro educativo de Baio.

“O Castro das Barreiras vaise converter na auténtica locomotora do patrimonio cultural de toda a comarca”, conclúe Concheiro.

Novas relacionadas

Comentarios