xoves. 14.11.2024
El tiempo

A Cea Medieval do Asalto ao Castelo celebra 10 anos

Imaxe dunha das ceas medievais de anos anteriores
A Cea Medieval do Asalto ao Castelo celebra 10 anos

Atentos estarán todos os irmandiños a partir do 28 de maio para intentar cazar en ataquilla.com unha das codiciadas entradas na Cea Medieval do Asalto ao Castelo. Unha cita na que sempre se agotan, nun suspiro, as prazas, e que este ano ademais ao cumprir 10 anos, será unha cita especial cun doble concerto espectacular.

A cea, ás faldas das torres nobres da fortaleza soneirá, celébrase o venres previo ao Asalto, o venres 5 de xullo, e faise cun menú da época, que nos fará trasladarnos á Idade Media. Dende xa os patrocinadores e colaboradores poden sacar xa a súa entrada, pero os campesiños teremos que agardar ata o 28 de maio.

O toque de música tradicional marcarano os sons da Requinta da Laxeira e o punto gamberro e diferente o dúo de Blues do País. Os concertos realizados no mesmo fermoso espazo que a Cea: o foso do castelo, son gratuítos e abertos a todo o público, sen necesidade de comprar entrada.

Novas relacionadas

Comentarios