Sábado. 19.09.2020
El tiempo

Chema Rei recupera nun libro a vida de Perfecto López, o mecenas de Castelao

Chema Rei recupera nun libro a vida de Perfecto López, o mecenas de Castelao
Chema Rei presenta en Vimianzo un libro sobre Perfecto Lopez O baiés Chema Rei presentará este vindeiro martes 16 de outubro, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura de Vimianzo o seu novo libro. Trátase dun completo repaso á vida de "Perfecto López, un vimiancés na Galiza ideal”, como indica o libro editado por Galaxia. Perfecto López, coñecido como o Tato da Valiña, foi mecenas de Castelao, un personaxe importante no galeguismo e na loita antifranquista desde a Arxentina. Un home de gran calado tanto en Galicia como en Bos Aires, a onde tivo que emigrar en 1922, con 18 anos. Alí conseguiu unha gran fortuna, a base de traballo e esforzo, e púxoa a favor da causa de Galiza e da República. Nunca esqueceu Vimianzo, a onde regresou en moitas ocasións, e sempre apoiou a nosa xente, aquí e aló. Chema Rei leva máis de 10 anos con este traballo. Contou coa axuda de Manuel Antelo (antes aínda de ser alcalde), que recollera moita información colleitada por Roberto Mouro, a raíz dunha homenaxe organizada en Vimianzo en 2002. “Fun investigando e a cousa disparouse porque este home estaba en todo e o material desbordábame, polo que botei case tres anos -non seguidos, claro- tratando de resumir e darlle forma de libro dixerible para o público”, explícanos Rei. De paso, danos un repaso pola vida de Perfecto: Naceu na aldea da Toxa e axiña foi coa familia para a veciña da Valiña (de aí o alcume do Tato da Valiña). De familia tremendamente pobre, gañou a vida recollendo pinas ou carbón ata que lle prestaron cartos para ir a América. Aquí co tempo fixo gran fortuna no ramo da automoción e tm coa compra-venda de terreos agrícolas e gandeiros. Pero a súa fortuna foi humanitaria. Xa desde os tempos da guerra xuntou cartos para axuda das familias necesitadas en Galicia, apoiando a causa republicana. Desde a ABC de Corcubión, da que foi presidente, desenvolveu unha importante actividade social e fixo dela unha das máis grandes da colectividade galega na Arxentina. Pero a chegada de Castelao a Bos Aires. exiliado marcouno profundamente e abrazou definitivamente a causa galeguista na loita contra Franco. Foi un dos que financiou a estancia de Castelao no exilio e moitas das actividades que se fixeron. Cando Castelao estaba xa pra morrer Perfecto estaba en Galicia e levou terra galega para depositar sobre o corpo do rianxeiro. A partir desta viaxe Perfecto vai realizar un importante labor de enlace entre os galeguistas exiliados e os que quedaran na terra, poñendo en risco a súa liberdade en cada viaxe que facía. Ese labor permitiulle coñecer e trabar gran amizade coa intelectualidade da época: Otero Pedraio, Ramón Piñeiro, Fdez del Riego, etc. Tanto foi así que foi un dos primeiros accionistas da Editorial Galaxia. Tamén colaborou coa cultura alá, pois puxo os cartos necesarios para que Luis Seoane crease a Editorial Citania, e grazas a el se publicasen obras como A Esmorga, unha vez rexeitadas pola censura española. E moitas máis cousas se poderían contar, pero o fundamental era que lle axudaba a todos os vimianceses que chegaban a Bos Aires dándolles traballo nos seus negocios mentres non conseguían asentarse, ou como anécdota mesmo regalou unha equipación completa para o Soneira. Quixo facer unha escola na parroquia de Vimianzo, pero tiña que ser nalgunha das súas aldeas e o alcalde daquela época negouse.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/chema-rei-e-xose-maria-lema-suarez-recuperan-na-rede-mais-historias-do-futbol-da-costa/

comentarios