xoves. 08.05.2025
El tiempo

Comezan os procesos para a construcción dunha cuberta exterior no CEIP San Vicenzo de Vimianzo

Comezan os procesos para a construcción dunha cuberta exterior no CEIP San Vicenzo de Vimianzo
O concello de Vimianzo vén de poñer en marchar a execución dunha cuberta exterior no colexio San Vicenzo despois das reiteradas demandas tanto da comunidade educativa como por parte das nais e pais do alumnado. Así, o alcalde - Manuel Antelo - asinou onte un decreto por medio do cal lle concede licenza á Consellaría de Educación para a execución das obras. O alcalde reuniuse en varias ocasións co xefe territorial da Consellaría de Educación, acompañado da Dirección do centro e de representantes da ANPA para demandar esta obra e facelo coñecedor da disposición do concello a colaborar na mesma. Dende o concello sinalan que apoian totalmente a realización desta intervención. Exemplo deste compromiso é a proposta que a alcaldía levou ao último pleno e que supuxo unha redución do Imposto de construcións e obras (ICIO). O rexedor destaca a importancia desta obra pois por unha banda aténdense ás demandas da sociedade e por outra está convencido de que a súa realización lle afectará dunha maneira moi positiva á vida diaria ao alumnado do centro. Antelo agradecelle á Xefatura Territorial de Educación que atendera ás demandas da sociedade vimiancesa e que execute unha obra tan importante para o Concello. Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Vimianzo

Comentarios