A compañía costeira aAntena presentará en Vimianzo a súa nova obra “Sol Fuerza”

Facendo do "Galicia máis linda e máis linda" unha declaración de principios, a compañía costeira Aantena e Urdime presentan o espectáculo “Sol Fuerza”. Cun equilibrio perfecto entre a risa e o belisco, Sol Fuerza fala do que somos, o que fomos e o que nunca nos contaron.
Ademais, o elenco ten dinamita, e conta con Lucía Veiga, nomeada ao Goya como actriz revelación. Acompáñana no escenario Manu Fernández e Virxinia Bermúdez, que trae a úa visión única da vida cotiá na Costa da Morte.
A obra chega o vindeiro 22 de febreiro a Vimianzo, con tres historias que viaxan entre décadas, risas e reflexións:
- Un inventor nos anos 90, que soñou cun biocombustible capaz de iluminar Galicia… e quedou na sombra.
- Unha fraude dos anos 50, cunha gasolina milagrosa que xamais existiu pero que logrou algo: enganar a un réxime enteiro.
- O presente, onde as renovables enchen o rural de muíños e preguntas: progreso ou un "ti vai indo”?
O espectáculo de aAntena, poiado pola liña de axudas a Creación Escénica da AGADIC, ten como director a Xosé Leis; Dramaturxia de Bernardino Martínez; Espazo Escénico de Violeta Martinez; Espazo Sonoro de Klaus Martinez; Visuais de Montse Mira; Gráfica de Alicia Baña; vestiario de Noemi Toba.