sábado. 09.11.2024
El tiempo

Cruce de intereses entre o presidente do Soneira e o Concello vimiancés

Cruce de intereses entre o presidente do Soneira e o Concello vimiancés

Continúa a polémica entre presidente do Soneira e o goberno do Concello de Vimianzo. Tras unhas primeiras críticas do presidente do clube de fútbol polo que consideraba unhas axudas "decepcionantes", o alcalde pedíalle publicamente que non se deixase utilizar como arma política ademais de lembrarlle que eran a entidade con maiores axudas de todo o Concello.

Hoxe o presidente soneirán quere manifestar "a miña profunda decepción polas manifestacións do Alcalde en relación co custe do transporte do Soneira". Juan Silva asegura ademais que "estas críticas xa as fixemos coa anterior corporación, pero a gran diferencia é que co anterior alcalde xamás fomos perseguidos nin criticados a pesares das nosas queixas".

Ataca Silva pola mesma vía por onde atacou a oposición e lle pide ao alcalde que "deixe de mentir, e nos axude, cos cartos que destina a súa secretaria cada mes contariamos con máis servizos para facer deporte, menos secretarias e máis deporte".

O Concello explica as contas

Dende o Concello envían de novo as axudas para o clube, que conta con 700 socios e 100 fichas. Segundo sinalan, "o concello de Vimianzo gastou 30.000,€ en financiar o Soneira durante a tempada 2010-2011. O 92% destes gastos (27.643,20€) foron para pagar os desprazamentos do equipo en todas as súas categorías; unha cantidade da que se beneficiaba a empresa Autos Costa de Baíñas. En comparación coa cifra anterior, o gasto das actividades da Casa da Cultura da tempada pasada foi de 32.484,70 €".

Ademais, dende o Concello aseguran que "a nosa aposta pola práctica do deporte ponse de manifesto coa posta en marcha das escolas deportivas na vindeira semana.

IxVim denuncia a desaparación das actividades nas parroquias

Por outra banda, o IxVim cambia de xogo e queren manifestar "a súa decepción en relación coa desaparición das actividades culturais e deportivas nas parroquias, os veciños están a pagar as cotas, sin embargo non lles explican cando nin como van a organizarse as actividades".

Chegan a asegurar que "o malestar é xeralizado entre os veciños" e pide ao goberno que se fagan "menos fotos e facer o máis posible polos veciños, non é de recibo que os recortes só sexan para os veciños", afirman.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios