Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Detida por roubar en casas facéndose pasar por comercial de Fenosa

Detida por roubar en casas facéndose pasar por comercial de Fenosa

Avisabámolo hai unha semana: Ollo con a quen lle abrimos a porta. E así o vén de refrendar a Garda Civil coa detención dunha muller que se facía pasar por comercial de Fenosa e que subtraía diñeiro e xoias nas vivendas.

A Garda Civil vimiancesa detiña a unha muller de 23 anos, residente na localidade amiense de O Milladoiro, acusada de delitos de Estafa e Hurto.

O modus operandi consistía en visitas, en compañía doutra muller nova, a domicilios, normalmente, de persoas de avanzada idade. Nestas visitas facíanse pasar por comerciais dunha das maiores e máis coñecidas empresas energéticas e, cando convencían ao propietario para comentarlle a falsa oferta no interior da vivenda, unha delas simulaba atoparse indispuesta e pedía poder pasar ao aseo. Posteriormente, mentres unha aproveitaba para entreter ao propietario cos falsos descontos que ofrecían, a outra hurtaba diñeiro e xoias na vivenda.

As investigacións empezaron no mes de novembro cando o Posto de Vimianzo tivo constancia destes feitos en diferentes vivendas dos Concellos de Vimianzo e Zas, nas que se describía a dúas mulleres novas e o vehículo que usaban. O hurtado ascendía a preto de 3.000 euros en diñeiro efectivo e a xoias por un valor próximo aos 15.000 euros.

Tralas primeiras pesquisas, as investigacións centráronse en dous mozos entre as que se atopaba a detida. Unha vez reunidas todas as probas necesarias para levar a cabo a operación, procedeuse á detención de principal sospeitosa e á súa posta a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Corcubión.

Mantéñense as actuacións abertas pola posible existencia de máis vítimas por ter coñecemento de que se desprazaban por máis localidades e para poder recuperar todo o subtraído.

É a segunda operación que o Posto de Vimianzo leva no ano 2017 contra falsos comerciais de empresas energéticas que se aproveitan desta circunstancia para estafar e hurtar ás súas vítimas, especialmente de avanzada idade. A anterior operación resolveuse no mes de xullo cun detido e dous investigados.

Novas relacionadas

fonte

Comentarios