Gerca aumenta a súa presencia na comarca con dúas novas parcelas no Polígono de Vimianzo
Avanza a ocupación do Parque Empresarial de Vimianzo. Pendentes aínda do enlace da Autovía (sen novidades dende o pasado xullo), as empresas seguen fortalecendo o tecido costeiro. Así o demostra a reserva de dúas parcelas da empresa Gerca, xa instalada como unha das referencias empresarias da Costa da Morte.
A xerente de SEA; Beatriz Sestayo, e a alcaldesa, Mónica Rodríguez, achegáronse ata a empresa para coñecer de primeira man as novas marquesinas que a empresa, de 50 traballador@s, está poñendo no mercado.
As dúas novas parcelas no polígono, suman 2.370 metros cadrados, e supón un investimento de máis de 135.000 euros para que Gerca amplíe as súas intalacións.
Facilidades
O director comercial de SEA, José Rei, suscitou a intención de ampliar a fórmula de Dereito de Superficie, impulsada pola actual xerencia para favorecer a instalación de empresas. Trátase dun sistema similar ao aluguer con opción a compra que permite iniciar a actividade no polígono por cifras moi reducidas, de apenas 100 euros ao mes, en función das parcelas.
O Concello, ademais, bonifica o ICIO ata nun 95% a aquelas empresas que se instalen no polígono industrial, que na actualidade conta con compañías como Gerca ou Estrela Galicia.
Nova campaña
SEA puxo disposición do Concello a nova campaña promocional desenvolvida para difundir o polígono industrial.
Novas relacionadas
- Xaneiro 2021: As marquesiñas de Gerca xa están na rúa.
- Decembro 2020: Germán de Gerca: “Se quedas parado, vas á ruína. Tes que ir adecuando aos tempos”.
- Abril 2020 Gerca adáptase á emerxencia sanitaria e crea máis de 1.000 soportes diarios coa marca "Terra Atlántica" .
- Febreiro 2020: Germán Lema, de Gerca: "Tes aos teu fillos aquí, que van ao colexio aquí, tamén tes aos teus amigos... Entón, cambiar non é unha opción”.
- 2019: O presidente da Deputación comprobou a potencia empresarial vimiancesa .
Novas relacionadas
- As conserveiras, o frío industrial ou a loxística: os sectores que dinamizan os parques empresariais .
- 08-03-2021: Avanza o proxecto de ampliación do polígono da Laracha.
- 01-03-2021: Insuapesca, un obradoiro de conservas artesanais para o polígono de Muros.
- 17-02-2021: Construcións Búa tamén se vai ao Polígono de Cee.
- 04-02-2021: SOGAMA reserva dúas parcelas no Polígono Empresarial de Cee.