Xoves. 28.03.2024
El tiempo

IxVimianzo preséntase con relativas sorpresas e chegando a cada parroquia

IxVimianzo preséntase con relativas sorpresas e chegando a cada parroquia

Este pasado sábado, presentábase en Vimianzo o novo equipo de IxVimianzo. O partido liderado polo actual alcalde presentaba a súa lista de 23 nomes, con algunha que outra curiosidade. O ex socialista preséntase así tras 6 mandatos baixo siglas socialistas.

Alejandro, ademais de comezar a súa campaña usando o coñecido tema homónimo de Lady Gaga, presentou unha lista para "liderar Vimianzo". A aposta principal do equipo do alcalde é presentar unha candidatura que chegue a todas as parroquias, de xeito que cada membro da súa lista servirá de interlocutor co concello dende a súa parroquia.

Lista de IxVimianzo

  • Nº1 - Alejandro Rodríguez;
  • Nº2 - Mónica Rodríguez Ordóñez.
  • Nº3 - Manuel Soto Pérez
  • Nº4 - Mª. do Carmen Hermida
  • Nº5 - Mario Andujar Mouzo
  • Nº6 - Abelardo Mouzo Pereira
  • Nº7 - J. Luís Mouzo Allo
  • Nº8 - Miguel Pérez Méndez
  • Nº9 - Ana María Solís Calo
  • Nº10 - Josefa Campos Villar
  • Nº11 - María José Lema Lama
  • Nº12 - Ana Belén Rodríguez Rama
  • Nº13 - Manuel Pouse Tomei
  • Nº14 - Jorge Ferreiro Lema
  • Nº15 - Ignacio Infesta Sar
  • Nº16 - Martín Rego Pouse
  • Nº17 - Mª. do Mar Canosa Lema
  • Nº18 - Aloia Sande Muíño
  • Nº19 - Manuel Pouse Pérez
  • Nº20 - J. Manuel Santos Miñones
  • Nº21 - Susana Romeu Caamaño
  • Nº22 - Adriana Antelo Alvarellos
  • Nº23 - Martín Murias Freire.

Borbujo non se sorprende coa participación de Mari Carmen Hermida en IxVimianzo

Un dos nomes que máis chama a atenión pode ser a da ata agora concellleira do PP, Mari Carmen Hermida. Unha aparición que xa sospeitaba Carmen Borbujo, que asegura comprender agora, a conduta da concelleira durante os últimos 2 anos. A concelleira xa pediu a baixa do PP e Borbujo entende que a ex edil popular "demostra o seu xeito de facer política, e marca os seus obxectivos persoais en función dos beneficios políticos que pode obter de Alejandro Rodríguez e os seus achegados".

A sobriña do alcalde na lista

Outra das aparicións que poden sorprender é que a número 2 do partido é a sobriña do alcalde, a un tempo traballadora da empresa do irmán do alcalde Rodríguez Lema S.L. e coa que o concello ten un litixio aberto por mor do subrecuste da casa da Cultura. De feito, o pleno debería estar en marcha pero aínd anon se ten convocado.

"En Vimianzo rexe a lei do "todo vale" e parece non importar os principios políticos de desenvolvemento dun pobo, senón o que realmente se persegue é o beneficio propio, algo que resulta lamentable e ata surrealista", asegura Carmen Borbujo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios