Os maiores de Vimianzo suben o Timanfaya
Máis de 70 persoas maiores de Vimianzo levan días disfutando da viaxe organizada polo Concello pola zona sur da isla volcánica (Lanzarote), acompañados en todo momento pola concelleira de Benestar Social e os monitores , Rocío e Félix . Logo de aterrizar na isla o pasado sábado, dipuxéronse a aproveitar cada unha das xornadas para facer un longo percorrido e coñecer así as zonas máis turísticas, como “Puerto de Carmen”, a “Cueva de los Verdes”, “los Jameos del agua”, a “Isla Graciosa”, “Playa Blanca”, “Puerto Calero”, os coñecidos “Hervideros” a zona vinícula de Gera, Fuerteventura, etc. Ademais, por suposto, da insalvable visita programada ao Parque Nacional de Timanfaya.
A chegada a Vimianzo está prevista para o sábado, 28 ás 00:30 horas.