Máis de 20 anos escapando coas viaxes para maiores do Concello de Vimianzo

09:00 17/06/11

Máis dun cento de veciños e veciñas de Vimianzo, acompañados por tres monitores do Concello (Sandra, Rocío e Félix) e a Concelleira María Xosé Ramos Rey, están a pasar tres días no balneario de Laias en Ourense.
Alí están a disfrutar dos tratamentos e augas termais que lle ofrecen no dito balneario onde por suposto non falta o baile nocturno, onde todos e todas, novos e non tan novos bailan ata altas horas.
De entre todos, cómpre facer unha distinción destes 4 viaxeiros. I é que os Fefa, Carmiña, Dolores e Jesús, dos participantes máis maiores e fieis destas viaxes, xa que levan viaxando co Concellos máis de 20 anos.

Novas relacionadas
- Relatos da Costa-Un século máxico: Hoxe: Lenda (Vimianzo, 1927) .
- O sendeirismo vimiancés traspasa fronteiras e culturas.
- Tareixa Ledo e Lidia Senra abriron o camiño da muller en Pasarela.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Vimianzo.