A maleta do Bululú de Miolos aterra en Vimianzo
O colectivo Miolos, formado polos artistas carballeses Milagros Cotelo, Santiago Picos Díaz, Cristina Castro e Mon Lendoiro, continúa percorrendo a bisbarra. Desta volta, a exposición O Bululú de Miolos visita a Sala de Exposicións Antón Mouzo de Vimianzo, sempre disposta a espallar a creación dos artistas da comarcar.
Estes ilustradores uniron a súa creatividade nesta mostra na que conflúen a pintura, a literatura e o teatro nunha performance unidas entre sí grazas o elemento da maleta e do Bululú particular caracterizado pola actriz Carmen Cotelo que se coñecerá o sábado 9 de novembro as 21:15h.
A mostra ten como fío condutor ao Bululú, un actor solitario ou comediante español que viaxaba a pé, de cidade en cidade, facendo pequenas representacións, interpretando todos os personaxes que aparecían na historia e a maleta era a súa única pertenza de gran valor, onde levaban todo o que necesitaban para caracterizarse e vivir.
A mostra poderase visitar até o 1 de decembro no horario de apertura da Casa da Cultura. A entrada é de balde.