Venres. 26.04.2024
El tiempo

Medio millar de Mulleres pola igualdade no epicentro do rural galego

As grandes protagonistas foron as mulleres recoñecidas polas súas iniciativas para dinamizar o rural. O grupo musical A Banda da Loba, a asociación Arte na Palla, a presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas de Dumbría, María Rodríguez Mouzo, e a porfesora de Socioloxía da UDC, Rosa Cobo Bendía, foron galardoadas este ano polo seu compromiso feminista co rural.
Mulleres galardoadas pola Fademur e a Deputacion en Vimianzo
Mulleres galardoadas pola Fademur e a Deputacion en Vimianzo na Gala do Día Internacional da Muller Rural de Fademur e a Deputación
Medio millar de Mulleres pola igualdade no epicentro do rural galego

Colocar á muller como eixe do rural galego parece unha obviedade, pero é tan necesaria esa visbilización que as xornadas como as que se viviron este sábado en Vimianzo merecen unha atención especial. A Deputación da Coruña e Fademur, con motivo da celebración do Día Internacional da Muller da Rural, congregaban a 500 mulleres nun acto que este ano tivo como lema “Por un rural libre de violencia de xénero”.

A cita contou coa participación de personalidades como a presidenta Fademur Galicia, Rosa Arcos, que deixou claro que as mulleres “non nos resignamos a recontar as vítimas da violencia machista”, instando a todas as mulleres do páis a “actuar xuntas” para erradicar esta lacra social.

500 mulleres en Vimianzo polo Dia da Muller rural

Necesidade dun Pacto de Estado polo medio rural

En clave institucional falou o deputado Lage Tuñas, que tivo que lembrar situacións de desigualdade e precariedade laboral, con salarios ata un 30% máis baixos ca os dos homes e só 6 de cada 10 cotizando nalgún sistema de protección social.

Nesa liña afondou nas reivindicacións de Fademur, como a necesidade dun Pacto de Estado polo medio rural porque “as educación, a sanidade, o emprego ou as comunicacións deben garantirse nas mesmas condicións que nos concellos máis poboados”.

Recoñecementos

A Banda da Loba

Banda da Loba con Lage Tunas

A compostelá Banda da Loba. Xiana, Andrea, Marcela, Inés e Estela compoñen esta agrupación ou banda de música. Son todas mulleres moi novas, pero con moita experiencia acumulada e moito talento. Co primeiro disco “Bailando as rúas” acadaron popularidade no país, pasando un 2018 completo de xira por pequenos concellos do rural, mesmo conseguiron varias nominacións e premios, entre eles o premio a mellor canción do Arri(t)mar 2018 e ser finalistas nos premios Martín Codax 2018.
O seu primeiro disco, totalmente autoproducido, é unha mestura de sons tradicionais, con toques de pop, blues, rock e folk. Con cancións de composición propia, de autoras actuais como Rosalía Fernández Rial e Celia Parra, pero onde tamén teñen unha gran presenza grandes escritores e escritoras de Galicia como Celso Emilio Ferreiro, Manuel María, ou Rosalía de Castro.

Arte na Palla

Arte na Palla co alcaldesa de Vimianzo

Mari Carmen e Felisa fundaron hai un ano esta asociación que nace coa vocación de recuperar un elemento tan tradicional como o sombreiro de palla que usaban as mulleres da súa zona Baíñas, elas chámanlle “sombreiro de rabo”, aínda que no mundo da artesanía é coñecido co nome de San Cosmeiro.
Buscan recuperar esas albores que moitas mulleres da zona aprenderon cando nenas, e que dalgún xeito se estaban esquecendo. Poñer en valor o traballo das mulleres, o traballo artesán, feito coas mans, o traballo tradicional ligado os costumes e traballos da terra, do noso rural. Pero ademais son quén de darlle novos usos, confeccionando elementos decorativos como cestas, bandexas, etc... así como complementos de moda.

María Rodríguez Mouzo

Maria Rodríguez Mouzo en Vimianzo

Naceu en Berdeogas (Dumbría) no ano 1946, dende moza axudoulle aos seus pais na súa pequena explotación de leite que era a fonte de ingresos principal da familia durante os anos da pos-guerra. Anos máis tarde, concretamente no ano 86, ao xubilarse seu pai pasou ela a ser a titular da explotación, uns anos despois reconverteuna á produción de vacún de carne, estivo ao fronte da mesma ata que nunha de tantas crises de prezos, deixouno anta a falta de viabilidade da mesma alá polo ano 2005.
Traballou no servizo de Correos da súa zona e para o concello de Dumbría, primeiro no servizo de limpeza de camiños e logo, na limpeza das instalacións socioculturais do propio concello.
María é afiliada do Sindicato Unións Agrarias dende o ano 87, co que colabora activamente, manifesta o seu compromiso co sector estando presente en canto acto, congreso, charla, reunión ou manifestación se ten feito ao longo de máis de 30 anos. É tamén a Presidenta da Asociación de Mulleres Progresistas de Dumbría.

Rosa Cobo Bendía

Rosa Cobo con Rosa Arcos

Naceu en Cantabria, pero leva a maior parte da súa carreira como docente, vinculada coa Universidade da Coruña. Licenciada en Ciencias Políticas e Socioloxía, é profesora na UDC, e a súa principal liña de investigación sempre está ligada á teoría feminista e á socioloxía do xénero, tendo numerosos artigos de investigación sobre igualdade. Rosa é todo un referente no pensamento feminista en Galicia, en España e tamén en América Latina onde mantén lazos de colaboración con diversas universidades.

 

Máis novas sobre Mulleres

A Costa das Mulleres

Comentarios