Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Melloras de estradas, sinalización e saneamento, as obras do POS 2020 de Vimianzo, aprobado por unanimidade

A praza de Cereixo foi inaugurada en 2017
A praza de Cereixo foi inaugurada en 2017 e recibirá unha pavimentación este 2020
Melloras de estradas, sinalización e saneamento, as obras do POS 2020 de Vimianzo, aprobado por unanimidade

Unanimidade no pleno desta semana no Concello de Vimianzo para aprobar os investimentos do Plan de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Único de concellos 2020) da Deputación. Un total de 1,4 millóns dos que 338.000 euros serán para gastos correntes, e máis de un millón de euros para investimentos en obras no municipio (1.078.000€).

Melloras de estradas, sinalización das parroquias e saneamento son as principais

Estradas

Son varias as obras de mellora das estradas:

  • A rehabilitación e pavimentación no núcleo de Bribes por 81.866€.
  • A mellora do pavimento da estrada do Cemiterio de Carnes a Tufións, estrada das Lagoas e a estrada da Devesa á Casiña por 96.998€.
  • A mellora da estrada por detrás do tanatorio e a entrada a Baíñas xunto ao colexio, unhas actuacións valoradas en 60.019€.
  • A mellora do acceso ao Sixto, na parroquia de Baíñas (172.990€).
  • A pavimentación da Praza de Cereixo, 127.000€.

Sinalización

  • A sinalización integral das 14 parroquias, cun investimento de 54.745€.

Saneamento

En materia de saneamentos, aprobáronse os de Piñeiros, Paizas e Castiñeira, obras que ascenden a 151.911€. Tamén se acometerá o saneamento de Quintáns de Treos por 194.035€ e o de Treos por 140.557€.

Comentarios