Os montes Milleira e Gorreis volven a mans de Vimianzo

Máis de 50 anos despois, a Xunta vén de devolver os montes de Millera e Gorreis ao Concello de Vimianzo. Tras varios recursos presentados por veciñanza e Concello dende 2014, a Xunta anunciaba esta semana que cancela os consorcios dos montes da parroquia de Carantoña.
Con este trámite administrativo os montes pasarán a ser xestionados polo Concello de Vimianzo, a través da fórmula de concesión de uso de dominio público para as persoas que se declaren propietarias poidan darlle uso ao monte reclamado. Esta fórmula chegou froito dun acordo entre o alcalde e a veciñanza e só falta que a Xunta de Galicia dea o seu visto e prace. Previamente necesitábase a cancelación dos consorcios para que sexa o Concello de Vimianzo a única institución que xestiona o monte.
Con esta decisión da Xunta de Galicia avánzase na resolución dun problema social que parte dos anos 60, deixando aos veciños herdeiros da corrupción franquista, cando o Estado ocupou os montes quitándollos á veciñanza ao abeiro das campañas de reforestación dos gobernos franquistas.
Novas relacionadas
- Decembro 16: A Xunta cédelle ao concello de Vimianzo os montes de Milleira e Gorreis.
- Decembro 2015: A veciñanza de Milleira e Gorreis, aínda herdeira da corrupción franquista.
- 15-11-2015: A consellería de Medio Rural segue sen resolver o problema dos montes da Milleira e Gorreis.
- 26-11-14: Aos montes de Milleira e Gorreis crécelles o pelo
- 13-11-14: Os veciños de Vimianzo terán que pelexar máis polos seus montes de Milleira e Gorreis.
- 22-10-14: Os veciños de Carantoña terán que esixir á Xunta os montes Milleira e Gorreis.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Vimianzo