Nenxs e maiores danlle sentido ao Castro das Barreiras
Despois da primeira parte do proceso de escavación, toca o turno da divulgación. O fermoso proxecto do Castro das Barreiras está protagonizando unha fermosa historia de como a arqueoloxía se pode convertir en motor cultural e turístico en base a unha aposta municipal.
Desta volta houbo dúas quendas de visitas escolares. Pola mañá tocoulles aos rapaces do CEIO Eugenio López de Cee, e aos do CEIP San Vicenzo de Vimianzo. Pola tarde foron as mulleres participantes no programa de talleres de memoria municipais as que disfrutaron a visita.
Cóntanos o mestre do alumnado de 5ª do centro ceense, Jacobo Trillo, que “os nenos quedaron encantados. No castro desfrutaron de poder participar limpando pedras e experimentar en vivo como é o minucioso traballo da arqueoloxía. A verdade é que tanto Tito Concheiro como Adelaida e todo o equipo son xeniais”, comenta.
Aproveitaron a visita para achegarse as instalacións das minas de caolín CAVISA, onde fixeron un completo percorrido explicando os traballos que realizan e ficando realmente sorprendidos das balsas de auga turquesa e da cantidade de usos que teñen tanto o caolín como a mica.