Nova estación de servizo no Parque Empresarial de Vimianzo
09:25 05/04/24
Quedou asinado onte a adquisición de dúas parcelas do Polígono de Vimianzo en réxime de de dereitos de superficie (aluguer con opción de compra) por parte da compañía Gambaru Power, parta construir unha estación servizo.
A empresa comezará as obras no mes de maio, ocupando unha superficie total de 1.710 metros cadrados.
Nunha primeira fase, instalarán a gasolineira, unha zona de carga eléctrica, a zona de vending, unha tenda cunha pequena cafetería e un punto de recollida Amazon. Dende Gambaru Power esperan que a estación de servizo entre en funcionamento operación antes de fin de ano.
Máis novas