Novas axudas ás familias de Vimianzo
No BOP de hoxe publicouse a Convocatoria de axudas por nacemento, adopción ou acollemento de fillos. O obxectivo destas axudas e contribuír aos gastos ocasionados por nacemento, adopción ou acollemento. As axudas pretender ser un paliativo nestes momentos de crise, contribuíndo a minorar os gastos que estes feitos lles ocasionan as familias.
Tamén se publicou a Convocatoria de axudas para o inicio do curso escolar. O obxectivo destas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e o seu fin é compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas teñan máis dificultades para afrontar os gastos derivados do inicio do curso escolar. Pódense solicitar para gastos como libros de texto, material escolar, roupa e zapatos e son compatibles coas axudas de outras administracións. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto até o día 14 de outubro.
A información acerca da documentación que hai que presentar e os impresos que hai que cubrir pódense descargar dende a páxina web municipal (www.vimianzo.es) no apartado de convocatorias. As persoas que desexen información presencial poden achegarse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello.
De banda deseñada
Durante todo o mes pódese visitar a exposición “Banda deseñada galega” na que se poderán contemplar os fondos de banda deseñada galega da propia biblioteca.
Dentro deste programa hoxe desenvolverase un obradoiro cos obxectivos de incentivar á lectura, aprender a recoñecer os distintos xéneros e a contar unha historia con viñetas. As persoas asistentes traballarán co cómic Fiz nos biosbardos de Kiko Dasilva e tentarán facer unha carteira utilizando follas de cómic recicladas.
Novas relacionadas
Fonte
- Concello de Vimianzo.