Venres. 26.04.2024
El tiempo

O alumnos e alumnas de Vimianzo desfrutan do Día do Libro

O alumnos e alumnas de Vimianzo desfrutan do Día do Libro
Magin Blanco ofrece hoxe un espectaculo de musica infantil na casa da Cultura de Vimianzo Magin Blanco ofrece hoxe un espectaculo de musica infantil na casa da Cultura de Vimianzo Pouco a pouco imos coñecendo a programación para o Día do Libro que terá lugar o vindeiro sábado, 23 de abril. Se a biblioteca de Cee acolle unha mostra bibliográfica de obras de Cervantes e Shakespeare, o concello de Vimianzo inicia unha semana cargada de actividades para os escolares do municipio. Hoxe comezan os más pequenos que acudirán ás 11 horas á casa da Cultura de Vimianzo para gozar dun espectáculo de música e libros a cargo de Magín Blanco, un dos principais referentes en música infantil do país. Magín encargarase de divertir e ensinar co espectáculo "Libros en-cantados" aos nenos e nenas da escola infantil municipal Os Vimianziños, ao alumnado do ciclo de educación infantil do Ceip San Vicenzo de Vimianzo e da escola infantil de Carnés. Unha vez rematado o espectáculo Os Vimianziños desenvolverán diferentes actividades na biblioteca municipal que rematarán coa entrega por parte do alcalde - Manuel Antelo - e da concelleira de Cultura - Marta Rey - de carnés de biblioteca para cada todos coa idea de que comecen desde pequenos a desfrutar da lectura e que sexan usuarios e usuarias da biblioteca municipal. Mañá será a quenda do Ceip de Baíñas, do ciclo de educación primaria do Ceip San Vicenzo, do Ceip de Castromil e da E.I. de Carantoña, todos eles gozarán con Paco Nogueiras do coñecido espectáculo "Brinca Vai!De aquí a acolá". Estes dous espectáculos están cofinanciados polo programa de dinamización da lectura "Ler conta moito", da secretaría xeral de Cultura da Xunta de Galicia. obradoiro marcapaxinas vimianzo E se aínda teñen ganas de máis actividade, aqueles nenos e nenas que o desexen poden participar o mércores pola tarde, de 17 a 19 horas, nun obradoiro gratuíto de marcapáxinas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios