Venres. 11.10.2024
El tiempo

O GRUMIR de Vimianzo peregrina ata Santiago para esixir o seu mantemento

O GRUMIR de Vimianzo peregrina ata Santiago para esixir o seu mantemento
Os Grumir apoiados por todos os grupos municipais de Vimianzo de camino a Santiago

Ás veces, as loitas necesitan camiños longos. E un pode ser o que hoxe mesmo emprenden os membros do Grumir de Vimianzo cara Santiago. Peregrinarán ata Santiago de Compostela, e cambiarán o Obradoiro por San Caetano para ver se o vicepresidente da Xunta os escoita. E a petición é clara: "Non queremos que nos quiten o Grumir!", en alusión ao novo Mapa de Emerxencias da Xunta, que esquece ás comarcas de Soneira e Fisterra, e elimina os puntos de Vimianzo e Cee, para crear dous novos nas esquinas da bisbarra, Ponteceso e Muros.

Esta é a terceira acción reivindicativa en Vimianzo para manter o Grumir trala concentración ás portas do Concello e malia aprobación en pleno dunha moción de apoio por unanimidade. I é este asunto une as revoltas augas políticas da capital soneirá e fai remar a toda a corporación na mesma dirección. De feito, todos os protavoces partiron con eles e os acompañarán cando cheguen a San Caetano este xoves.

Grumir de Vimianzo peregrina cara Santiago O Grumir de Vimianzo peregrinando ata Compostela

Peregrinando ata Compostela

Así, esta mañá de 19 de febreiro, os traballadores do GRUMIR de Vimianzo partiron coa marcha reivindicativa cara a Santiago de Compostela. Trátase dunha marcha que realizarán en varias etapas ata chegaren a San Caetano, como medida para reclamar que o vicepresidente da Xunta de Galicia fixe un día para a reunión solicitada desde a alcaldía do concello de Vimianzo, para que reciba ao alcalde, portavoces dos grupos municipais e un representante dos traballadores do GUMIR, para tratar sobre o novo mapa de emerxencias que pretende desmantelar a base do GRUMIR de Vimianzo, deixando desatendida á gran parte da Costa da Morte, e crear unha nova base que non cumpre os criterios sinalados desde a propia Xunta de Galicia.

As diferentes iniciativas iniciadas coa concentración do pasado venres non cesarán ata conseguir, en primeiro lugar seren recibidos polo señor Rueda, para poderen, cando menos, recibir infirmación de primeira man sobre a situación do GRUMIR, e en segundo lugar, conseguir que non se desmantele a base do GRUMIR de Vimianzo, que presta un servizo imprescindible a gran parte dos concellos da Costa da Morte.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios