Martes. 16.04.2024
El tiempo

O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico

O Pleno vimiancés debatirá solicitar que o Asalto sexa Festa de Galicia de Interese Turístico

Gran traballo das Asociacións Cherinkas e Axvalso para co Asalto ao Castelo de Vimianzo. Ademais da organización e promocion da festa, propiamente dita, as entidades sociais chegan ata o Salón de Plenos do Concello vimiancés.
Así a través dunha petición delas, o goberno municipal levará ao pleno ordinario do vindeiro sábado, día 26 de maio, a Declaración do Asalto ao Castelo de Festa de Galicia de Interese Turístico.

Nesa liña, o alcalde Manuel Antelo cre que sería moi importante para o concello que o Asalto ao Castelo acadase esta declaración, xa que se trata dun acontecemento que trae centos de persoas a Vimianzo e nos últimos anos estase a converter nun dos festivais de referenza de Galicia. Pero o Asalto non se queda só nun festival folk, senón que ao seu redor se artellan unha serie de actividades artesanais, musicais, teatrais e gastronómicas que lle ofrece ao visitante unha grande e variada alternativa de ocio, que redunda na economía local. De conseguirse esta declaración sería, xunto coa Faguía de Carnés, a segunda festa de interese turístico do concello de Vimianzo.

O IES ao pleno

Outra dos puntos que se levará a pleno, logo de obter o ditame favorable na comisión de hoxe, é a solicitude diante da Xunta de Galicia do mantemento dos ciclos formativos existentes no IES Terra de Soneira ademais de reclamar que se imparta neste centro algún ciclo da rama de servizos sociocomunitarios e da rama agrícola. A ampliación da oferta formativa no IES Terra de Soneira suporía que moita da xuventude vimiancesa non tería que saír fóra para estudar, o que supón un custe económico para as familias e un cambio social para os rapaces e rapazas do concello.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios