domingo. 08.06.2025
El tiempo

O POS do Concello de Vimianzo propón investir máis do 50% en novas obras

O POS do Concello de Vimianzo propón investir máis do 50% en novas obras
O lugar de Sansobre e o último do Concello de Vimianzo sen saneamento

O goberno municipal de Vimianzo levará ao pleno do vindeiro xoves, día 17, unha proposta para a súa aprobación para o Plan Provincial de cooperación de obras e servizos de competencia municipal (POS) 2013 financiado pola Deputación da Coruña, que aprobou un total de 380.665,05 euros para o concello de Vimianzo.

E aseguran dende o grupo de goberno que fan unha "ambiciosa proposta onde máis do 50% do investimento vai dedicado ao financiamento de importantes obras, cando o concello de Vimianzo leva os últimos catro anos dedicando o 60% do investimento deste plan a gasto corrente".

Segundo a proposta da alcaldía no Pos 2013 dedicaranse a gasto corrente, é dicir, a financiar partidas para a enerxía eléctrica (alumeado público) e gastos de persoal 183.646,67 euros, reservando 197.018,38 para a execución das seguintes obras:

  • Saneamento no lugar de Sansobre, que contará cun investimento de 107.992,50 euros, sendo este lugar o único da parroquia de Vimianzo que non conta con rede de saneamento;
  • Saneamento en Riba da Regueira-Braño, parroquia de Carantoña, onde se realizará un investimento de 58.500 euros, realizando, con esta partida, unha primeira fase dunha actuación integral neste lugar que dará servizo a máis de 50 casas;
  • Actuacións no patrimonio municipal en Tines e Serramo, para o que se destinan 30.525,80 euros.
  • A proposta reserva para o plan complementario deste POS 2013 melloras na contorna do cemiterio de Carnés e o acondicionamento do espazo público das Cabazas por un total de 32.397,75 euros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Grupo de Goberno do Concello de Vimianzo.

Comentarios