O PP presenta en solitario o ambicioso proxecto muntifuncional do Porto Xacobeo de Cereixo

09:15 14/03/11

As potencialidades de Cereixo
Dende a Xunta, aínda pendentes de que a veciñanza de Carnés e Cereixo asuman o seu papel no POL, non cansan de loubar as posibilidades patrimoniais do lugar. E abofé que as teñen. Precisamente Portos de Galicia vén de elaborar un estudo previo das potencialidades do antigo enclave portuario de Cereixo, que servirá, segundo afirman "como punto de partida técnico e mapa de dotacións necesarias para o impulso portuaria, patrimonial e económica da zona".Características do "proxecto multifuncional"
Falan dun "proxecto multifuncional que dotará de maior dinamismo portuario, turístico e ambiental ao Cereixo". En concreto, a proposta contempla a construción dun peirao de atraque situado na zona do peirao de mareas, e un paseo flotante, dende o muíño ata a Arreira. Neste punto o proxecto recolle a dotación de pantaláns e instalacións para o desenvolvemento do club de piragüismo. O paseo flotante continuaría o seu curso bordeando o asteleiro e conectaría co paseo fluvial existente. Nas inmediacións deste proponse a construción dun centro de interpretación e aula medioambiental, co obxecto de pór en valor tamén os valores ambientais do contorno.Satisfacción dende o PP local
Carmen Borbujo considera que o plan presentado por Portos de Galicia beneficiará a toda a comarca. Borbujo considera que "a execución deste proxecto suporá un gran incentivo turístico e polo tanto económico, non só en Vimianzo, senón na comarca en xeral".Máis información
Novas relacionadas
- O PP presenta en solitario o proxecto de Cereixo Porto Xacobeo.
- O BNG vimiancés denuncia que a declaración pantasma de Cereixo como Porto Xacobeo é para aprobar o POL.
- O presidente de Portos nomea provisionalmente a Cereixo Porto Xacobeo a petición do PP local.
Fonte
- Nota de prensa do PP.