Sábado. 30.03.2024
El tiempo

O sector empresarial cobra importancia na nova Deputación

O sector empresarial cobra importancia na nova Deputación

Dúas reunións mantivo ao longo da mañá de onte o Presidente da Deputación, Diego Calvo. Podemos comprobar como o sector empresarial convírtese en importante para o ente provincial, ata o de agora máis centrado en actividades sociais e culturais. Os empresarios a Asociación Comarca de Soneira e os do sector do Automóbil de Baio puideron achegar as súas peticións en persoa.

Reunión en Baio

Calvo, ademais de confirmar a súa presencia na xornada inaugural da Feira do Automóbil o 17 de septembro, comprometeuse a colaborar coa Asociación do Automóbil de Baio para traballar de maneira conxunta nas medidas que axuden á dinamización dun sector clave na comarca de Zas.

Conscente de que o sector do automóvil é un dos máis afectados pola crisis económica, o presidente do órgano provincial mostrou o seu respaldo ás iniciativas que están a poñer en marcha dende a Asociación do Automóbil de Baio, ao tempo que indicou que a Deputación da Coruña tratará, na medida do posible, de mellorar as axudas a este sector.

Reunión en Vimianzo

Calvo tamén se reuniu co presidente da Asociación de Empresarios da Comarca de Soneira, Manuel Mourelle Amado, acompañado de outros dous representantes da entidade. Mourelle pediu apoio ao organismo provincial para facerse coa segunda planta do edificio no que se atopa a súa sede. Así poderán continuar co seu proxecto, querendo adicar o espazo a cursos de formación para os seus socios, actividades e locais de reunións.

O presidente provincial, Diego Calvo, pediulles que lle enviasen a documentación do orzamento das obras precisas para a habilitación do inmoble para tela en consideración. Ofreceulles tamén a súa colaboración en futuras accións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Deputación.

Comentarios