Luns. 14.10.2024
El tiempo

O xulgado arquiva a denuncia do arquitecto municipal contra a secretaria do concello de Vimianzo

O xulgado arquiva a denuncia do arquitecto municipal contra a secretaria do concello de Vimianzo
O xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión arquivou de maneira definitiva a denuncia que interpuxera o arquitecto municipal contra a secretaria do concello de Vimianzo. Deste xeito adquire firmeza o auto de sobreseemento de data 29 de abril de 2016 no que argumentaba que "A resolución da Secretaria do Concello non pode considerarse nin sequera irregular, polo que dificilmente poderían resultar indicios da existencia do elemento obxectivo do tipo, que require unha resolución inxusta, no senso de absoluta notoriedade da súa inxustiza". Segundo informan dende o goberno municipal, o arquitecto foi expedientado por parte de Concello de Vimianzo e na actualidade está en situación de suspensión de emprego e soldo a raíz dun expediente, instruído por varios funcionarios con habilitación nacional, entre os que se atopaba a secretaria municipal de Vimianzo. "O arquitecto municipal coa denuncia contra a secretaria pretendía crear unha falsa imaxe de parcialidade nun procedemento obxectivo no que se demostrou a comisión de varias infraccións e actuacións ilegais" indican dende o concello de Vimianzo. Segundo manifestan dende o goberno de Vimianzo, "co arquivo da denuncia queda descartados os infundios que pretendía sementar e tamén se ratifica a total obxectividade e imparcialidade do procedemento seguido no expediente disciplinario aberto contra o arquitecto municipal pola comisión de actos irregulares e ilegais". Novas relacionadas

Máis novas vimiancesas

Fonte

Comentarios