Venres. 03.12.2021
El tiempo

O Obradoiro de Emprego de Carpintería engalana o Castelo de Vimianzo

Obradoiro de Carpinteria de Vimianzo 2
O Obradoiro de Emprego de Carpintería engalana o Castelo de Vimianzo

O alumnado do obradoiro de emprego "Camiño ao emprego", promovido polos Concellos de Vimianzo, Camariñas e Muxía, realizou a petición do Concello de Vimianzo, varios elementos en madeira co escudo da Administración local para a celebración de actos no Castelo, lugar emblemático do municipio.

Este grupo de persoas atópase na actualidade realizando a súa formación, pagada, en Vimianzo, e tras realizar tarefas de adecuación e plantación de novas xardineiras na contorna da Casa da Cultura, esta é unha das súas novas aportacións.

comentarios