Venres. 04.10.2024
El tiempo

Oleiría e Liño abren en setembro o calendario de exposicións e actividades no Castelo de Vimianzo

Oleiría e Liño abren en setembro o calendario de exposicións e actividades no Castelo de Vimianzo
O Oleiro Fernando Cambon e unha das artesas do lino do Castelo de Vimianzo

Dende o 2 de Setembro pódese ver na cociña do Castelo de Vimianzo a exposición de Oleiría do artesán Fernando Cambón. Pezas variadas do enxoval doméstico e clásicas da Oleiría de Buño que están expostas na cociña do castelo, no segundo andar da fortaleza vimiancesa.

Esta actividade únese coa que o mesmo artesán ofrecerá no patio do Castelo o próximo 9 de Setembro. Trátase dun Taller de Modelado. Os e as que o desexen, poderán achegarse o patio de armas do Castelo vimiances e sumerxirse no proceso de elaboración dunha peza de oleiría de Buño, dende que so é barro sen modelar ata que seca ao sol. Este evento terá lugar de 17:00 a 19:00 horas.

Ademais, dende o 16 de Setembro o espazo continúa vivo coa exposición de varias pezas en Liño da man de "Amigos do Liño" de Zas. Prendas que foron presentadas a distintas edicións do certame “Antonio Fraguas” de artesanía da Deputación provincial.
O domingo 14 de setembro a mesma entidade, coa sua presidenta Carmen Riveiro a cabeza, ofrecerá no patio de armas do Castelo e dende as 18:00 horas, unha "Tasca do liño". Unha labor anterga que contará con artesáns de tódalas idades, ao estilo como se fai dende tempos inmemoriais.

Ambas actividades están enmarcadas no programa de actos que o Castelo vai desenvolver ata fin de ano e o longo de 2015 e que inclúe mais exposicións e demostracións en vivo de labouras artesáns en tódalas disciplinas presentes no Castelo vimiances.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios