Organizan en Vimianzo dous cursos dirixidos a agricultores
08:05 21/09/17
No Telecentro de Vimianzo impartirase un curso de ofimática para traballadores agrarios e familiares
Nos vindeiros meses, a "Federación de mujeres y familias del ámbito rural" organiza xunto co concello de Vimianzo uns cursos dirixidos a traballadores e familiares. O primeiro será un curso de desbroce dirixido a traballadores e familiares que se desenvolverá durante o mes de outubro. As clases serán os luns, martes e mércores en horario de mañá. En total son 32 horas e está dirixido a persoas dadas de alta no réxime xeral ou de autónomos, fillos e fillas ou cónxuxes de agricultores.
Por outra banda os días 3, 5, 10, 11, 17, 19, 24, 26, 31 de outubro e 2 de novembro terá lugar no telecentro vimiancés un curso de ofimática para traballadores e familiares que se desenvolverá en horario de 16:30 a 20:30 horas. Está dirixido a persoas dadas de alta no réxime xeral ou de autónomos, fillos ou fillas ou conxuxes e para participar é necesario ter coñecementos básicos de manexo de ordenador.
Ambos cursos son gratuitos. Os interesados en participar teñen ata o vindeiro luns, día 25 de setembro, para anotarse. Poden facelo chamando ao departamento de Promoción Económica do concello de Vimianzo (981 716 001 ext. 1226).
Fonte
- Redacción QPC ([email protected])
- Concello de Vimianzo