Os edís censores de Vimianzo convocan outro pleno para rebaixar a dedicación do alcalde
Non descansa a vida política municipal vimiancesa. Os concelleiros tránsfugas e dous concelleiros de IxV solicitaron no día de onte a convocatoria dun pleno extraordinario con 16 puntos na orde do día.
16 puntos que “coinciden”, segundo sinala o grupo de goberno, “cos puntos da convocatoria anterior que xa resolveu o Alcalde no Pleno celebrado o pasado 16 de maio. Nesta ocasión introducen unha variación ao respecto da dedicación do Alcalde, limitándoa a unha dedicación parcial de 2 horas diarias cun soldo de 600€”.
Unha solicitude que se contradí co acordado no pleno do 16 de maio, cando quedou sobre a mesa esta cuestión pentende da elaboración dun informe sobre a dedicación exclusiva do Alcalde, por parte da habilitada estatal que ocupa a secretaría.
Ademais, os concelleiros asinantes inclúen un punto na orde do día preguntando polo posto de secretaría, posto recén habilitado polo Goberno central.
Novas relacionadas
- 07-06-14: O Valedor do Pobo arquiva a denuncia dos concelleiros opositores contra o alcalde de Vimianzo.
- Cruce de declaracións entre alcalde e edís non adscritos sobre as retribucións en Vimianzo.
- O Goberno de Vimianzo acusa á oposición de seguir poñendo trabas.
- O PP vimiancés bota leña ao lume municipal.
- 30-04-14: Os censores convocan un pleno para eliminar a dedicación exclusiva do alcalde vimiancés.
- 29-03-14: A política ponse de costas en Vimianzo.
- 12-03-14: O PSOE expulsa provisionalmente aos edís promotores da fallida moción de censura.
Fonte
- Nota de prensa do grupo de goberno do Concello de Vimianzo.