Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Cruce de declaracións entre alcalde e edís non adscritos sobre as retribucións en Vimianzo

Cruce de declaracións entre alcalde e edís non adscritos sobre as retribucións en Vimianzo
Cruce de declaracions entre Roque e Antelo

Segue a polémica en Vimianzo chegando a tons persoais. Estes días os concelleiros non adscritos denunciaban non percibir as retribucións por asistencia, e hoxe o Alcalde de Vimianzo nega que os concelleiros non adscritos non percibisen asretribucións que lles corresponden pola súa asistencia aos órganos municipais.

Así, o alcalde sinala que desde o pasado 2 de marzo Rodríguez Blanco recibiu das arcas municipais 445,90€ e a súa compañeira Montserrat Vázquez 426,30€, polo que "o concelleiro está mentíndolle unha vez máis aos veciños e veciñas de Vimianzo", sinala.

Antelo asegura ao tempo que si que ten convocado aos edís en calidade de non adscritos ás comisións informativas nas que anteriormente participaban como membros do grupo socialista. “Son o señor Rodríguez e a señora Vázquez os que se negan a participar nas mesmas como non adscritos, querendo participar como concelleiros do PSOE, grupo que non lle corresponde xa que foron expulsados do partido no pasado mes de marzo”, denunciaat l e como recoñeceu o Valedor do Pobo.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Grupo de Goberno do Concello de VImianzo.

Comentarios