Luns. 09.09.2024
El tiempo

Os edís do grupo de goberno de Vimianzo, avalados por unha nova resolución xudicial

Os edís do grupo de goberno de Vimianzo, avalados por unha nova resolución xudicial
Imaxe do pleno do 16 de maio en Vimianzo-Foto-Roberto Rua

Cunha nova denuncia sobre a mesa, o alcalde de Vimianzo recibía onte unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza ao respecto do recurso interposto polos concelleiros da oposición contra a Xunta Electoral Central sobre a expedición da credencial de concelleiro de José Trillo en substitución de Anselmo Ramos.

Os edís Mónica Rodríguez, Manuel Soto, María del Carmen Herida, José Manuel Rodríguez Blanco, Montserrat Vázquez Miñonoes, Carlos Amado, e o recementemente finado en accidente Ramón Blanco, presentaban este recurso contencioso administrativo contra o acordo da xunta electoral do 12 de setembro de 2013 que acordou a expedición da crecendial a favor de José Trillo Lema en substitución de don Anselmo Ramos Martínez, un cambio de edís do grupo de goberno do BNG.

Os recurrentes denunciaba certas irregularidades na convocatoria do campo de concelleiro para o que tiveron que renunciar varios membros da candidatura do grupo.

Tras estudiar o caso, o TSXG procede a inaditir o recurso dos edís, que terán ademais que pagar as costas.

Un pleno esperado

Hoxe é o día do, terceiro, pleno no que a oposición propón rebaixar o soldo do alcalde, a pesar do Un informe de Secretaría contrario á moción. Estaremos atentos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do grupo de goberno do Concello de Vimianzo.

Comentarios