Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Un informe de Secretaría declara ilegal a proposta de rebaixa do alcalde vimiancés

Un informe de Secretaría declara ilegal a proposta de rebaixa do alcalde vimiancés

Apuntabamos a semana que varios concelleiros solicitaron un pleno para rebaixar a adicación da alcaldía. José Manuel Rodrígue< “Roque”, Montserrat Vázquez Miñones, Mónica Rodríguez e Manuel Soto, solicitaban o 28 de abril un pleno extraordinario, que se celebrará este venres día 27 de xuño, ás 20.30 horas, incluíndo unha moción para supresión ou modificación da dedicación exclusiva das tarefas da alcaldía.

Hoxe, o grupo de goberno presenta un informe de secretaría, que conclúe que as competencias para rebaixar a retribución do alcalde son do propio alcalde, e que sería inválido o acordo se o pleno o acorda así. Ademais, o informe sinala que “os motivos aducidos polos proponentes son propios dunha moción de censura”. “Tratase pois dun típico caso de desviación de poder, isto é, un exercicio dunha potestade para perseguir unha finalidade distinta da prevista da norma que a confire”.

Vai máis alá o informe asinado pola nova secretaria, indicando que “de se aprobar polo Pleno calquera das dúas propostas que nos ocupan, os corporativos que a votase favorablemente poderían ser condenados como autores dun delito de prevaricación administrativa”.

En cifras

O informe sinala que dende o 1992, o Concello vimiancés empregou case 1,2 millóns de euros en retribucións ao alcalde e aos concelleiros. De feito, houbo partidas ininterrumpidas dende aquela e só nos últimos 3 anos non cobran os concelleiros.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do grupo de goberno do Concello de Vimianzo.

Comentarios