Martes. 16.04.2024
El tiempo

Os empresarios do pequeno comercio de Vimianzo vólcanse nas TIC

Os empresarios do pequeno comercio de Vimianzo vólcanse nas TIC

Ademais de abrir o curso Celga de galego, o Concello de Vimianzo informa dos novos cursos TIC para o pequeno comercio que darán comezo o luns.

Cursos de formación en TICS para o pequeno comercio

O concello de Vimianzo organizou dous cursos de formación tic para o pequeno comercio: un curso de iniciación á informática para comerciantes no que se desenvolverán coñecementos de hardware, software, internet e xestión de documentos; e un curso de comercio-tic no que aprenderán a manexarse no correo electrónico, web 2.0, redes sociais, facebook, blogs e como compartir fotos e vídeos. O primeiro dos cursos comeza o vindeiro luns día 16 e o segundo dará comezo o 30 de xaneiro.

Aquelas persoas interesadas en anotarse aínda o poden facer no Departamento de promoción económica do concello ou no teléfono 981 716 001 ext.220.

Máis iniciativas para o pequeno comercio

Unha vez que xa coñecimos os mellores escaparates, a entrega de diplomas aos participantes e a entrega do premio aos gañadores realizarase o vindeiro luns día 16 de xaneiro, nun acto público no Salón de plenos da casa do concello ás 21 horas.
O premio deste concurso consistía nunha cea para dúas persoas nun dos restaurantes que participaron nas xornadas Vimianzo gastronómico. Compartimos outono e os gañadores destes premios foron: Perfumería Pose´s na categoría “Escaparate máis navideño” e Moda Agabe dentro da categoría “Escaparate máis creativo”.

Logo da entrega de premios e diplomas, aproveitarase a convocatoria dos comerciantes para facer unha valoración do funcionamento das inicitivas do Nadal. Nesta mesma reunión aproveitarase para falar da organización de vinderias campañas de promoción do pequeno comercio, unha das principais bases económicas do concello.

O concello de Vimianzo abre a inscrición nos cursos de lingua galega para a obtención do Celga

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de convocar os cursos de lingua galega preparatorios para a obtención do Celga 1, 2, 3 e 4, o certificado necesario para acreditar os coñecementos da nosa lingua como mérito académico ou laboral. Os cursos realizaranse entre o 12 de marzo e o 31 de maio, mais para a súa realización é necesario inscribirse con anterioridade.

O concello de Vimianzo manterá aberta a inscrición ata o vindeiro 24 de xaneiro. Aquelas persoas interesadas en realizar os cursos deben dirixirse á Casa da Cultura de Vimianzo ou chamar ao 981 717 288.

Novas relacionadas

Fonte

  • Concello de Vimianzo.

Comentarios