Os Moscoso de Altamira xa vixían o Val de Soneira
20:51 25/06/15
Xa está alzado o gran pendón da familia máis senlleira, os Moscoso de Altamira. Dende o alto da torre do Castelo de Vimianzo, vixían o val de Soneira os gardas, que xa comezan a albiscar as tropas irmandiñas. O pobo vimiancés prepárase para a invasión, para a gran Festa do Asalto ao Castelo, pero antes, tocan unha marea de actividades para ir quecendo motores e chegar moi fortes á gran batalla.
Hoxe, o alcalde vimiancés, Manuel Antelo, acompañado dos artesáns do Museo de Artesanía en vivo, despregaron o pendón, para dar o pistoletazo de saída xa a esta completa fin de semana de actividades:
- Venres 26 de xuño: A Carreira I Legua irmandiña;
- Venres 26 de xuño: O concerto Irmandiño Son.
- Sábado 27 de xuño: As actividades de reivindicación do Castro das Barreiras o sábado.
Ademais, o martes da vindeira semana arranca a 8ª edición dos Pinchos irmaniños na que participan unha vintena de locais da vila.
Obradoiros
Ao mesmo tempo na Casa da Cultura desenvolveranse durante toda a vindeira semana uns obradoiros destinados a que a rapazada coñeza e entenda os feitos históricos que se conmemoran no Asalto polo que a súa temática xirará en torno á Idade Media. O horario de desenvolvemento dos obradoiros será de 11:00 a 13:00 h e de 17:00 a 19:00 h. O luns comezarase cun conto de animación que achegará ás perosas participantes á historia do castelo e confeccionaranse distintos modelos de adornos e bandeirolas para decorar as instalacións da Casa da Cultura. O martes confeccionarán un traxe medieval e distintos adornos que poderán levar para adornar as súas casas. O mércores pola mañá participarán nun obradoiro de confección de armas medievais e pola tarde haberá unha xincana con probas tanto de habilidade coma de coñecementos e unha merenda na Biblioteca. O xoves haberá tres obradoiros nos que elaborarán broches, colgantes e unhas libretiñas con motivos medievais. Para rematar esta xornada confeccionarase un mural partindo da base da silueta do castelo. O venres os participantes coñecerán a historia do castelo, e achegaranse aos lugares e ao patrimonio vimiancés a través dun xogo de taboleiro no que terán que pasar distintas probas para obter armas e recompensas que lles axudarán no asalto ao castelo. Pola tarde confeccionarán un títere e rematarán cunha merenda na Biblioteca.Novas relacionadas
- Asalto Gaélico ao Castro de Barreiras.
- Nomes medievais para os Pinchos Irmandiños.
- Históricos irmandiños repasarán a historia dos 20 anos de Asalto ao Castelo.
- Os Irmandiños xa teñen CD e cómic.
- Os traxes e as fachadas medievais tamén terán premio no Asalto ao Castelo.
- Unha Legua para liberar o pobo Irmandiño.
- Un mes Asaltando o Castelo.
- 500 persoas poderán disfrutar da Cea Medieval dos 20 anos de Asalto ao Castelo.
- O Asalto quece motores con artesanía, música e deporte.
- I Legua Irmandiña 2015: Os Irmandiños tamén saben correr.
- Bo relevo para armar un 20º aniversario do Asalto ao Castelo cheo de música.
- A Cherinkas, que se fai maior, decidirá se segue ao mando do Asalto ao Castelo.
- Asalto 2014: Os rollos da Marquesa; gañador dos pinchos irmandiños do Asalto ao Castelo de Vimianzo.
- Asalto 2013: Asalto ao Castelo, a traca final (en vídeo).