Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Os veciños de Bamiro piden a ampliación do núcleo para evitar o derrubo dunha casa

Os veciños de Bamiro piden a ampliación do núcleo para evitar o derrubo dunha casa
Concentracion en Vimianzo contra a demolicion dunha casa en Bamiro Concentración en Vimianzo contra a demolición dunha casa en Bamiro - Foto-Paula Mouzo Concentracion en Vimianzo pola casa de Bamiro Numerosos veciños apoiaron ao afectado- Foto-Paula Mouzo Esta mañá de mércores, un día antes da xuntanza que terá o Concello de Vimianzo coa Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU), case unhas 300 persoas de toda a comarca quixeron deixar patente a súa repulsa á orde de demolición que a entidade ten contra unha casa de Bamiro. Os veciños esixen a ampliación do núcleo de Bamiro xa, a única solución que hai, como nos explica o propietario Evaristo Blanco Blanco. “O alcalde xa hai moito tempo que sabe que a única solución é a ampliación do núcleo, e sabe que a lei nos ampara, e que os veciños nos apoian, como o demostran as 150 sinaturas que presentei en xaneiro”. “El ten a sartén polo mango”, asegura o afectado, que se ben valora que o alcalde dese a cara na concentración, pídelle que “dea a cara para ben, non para machacarme”. Un Manuel Antelo que amosaron a disconformidade do Goberno Municipal de Vimianzo co derrubo da vivenda. Antelo fixo un repaso histórico polo caso dende a aprobación da licenza de obra en 2007 aprobada polo ex alcalde socialista Alejandro Rodríguez, xunto co seu concelleiro de obras, José Manuel Rodríguez Blanco (actual concelleiro de Terra Galega na Corporación de Vimianzo) e o arquitecto municipal Julio Vázquez. Pouco despois un veciño denunciaba que a construción se realizou sobre terreo rústico, provocando a sentenza de demolición dítase en maio de 2011, data na que nin Concello nin afectado decidían presentar alegacións. Pero trala proposta dos grupos da oposición, cando o afectado decide intentar evitar o derrubo, solicitando a ampliación do núcleo. ”Eu sei que Antelo non ten culpa do que pasou, pero xa leva 6 anos gobernando e con posibilidade de solucionar o problema”, sinala Blanco Blanco. “Non quero que se opoña á demolición, o que quero é que se comprometa a intentar solventalo, a pedir a ampliación do núcleo á Xunta. Polo menos que o intente. Pero que saiba que se a casa se tira é porque o señor alcalde quere.” Dende a oposición, a voceira socialista Paula Mouzo, considera que "a política ten que ser unha ferramenta para evitar por problemas e non para chegar ata onde estamos. Eu creo que ninguén dos gobernos anteriores e actual esperaban que a situación chegase a este punto tan grave. Pero ó que máis grave é que se vaia tirar unha casa sen chegar ata os últimos recursos para evitalo. Por iso cremos que ten que ser o Concello o que busque, a través dos seus recursos, unha solución ao problema, que neste caso pasa por solicitar a ampliación do núcleo". En todo caso, todo queda pendente da reunión que o alcalde ten ca APLU este xoves 23 ás 12:00h en Compostela. Un alcalde que “se reafirma na súa intención de facer todo canto sexa posíbel para evitar o derrubamento, sempre dentro da legalidade”. Manuel Antelo e Evaristo Calvo na concentracion O alcalde Manuel Antelo e o afectado Evaristo Calvo confrontaron posicións durante a concentración- Foto-Paula Mouzo

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios