Martes. 19.03.2024
El tiempo

Os veciños de Cures e Mouzo xa teñen Casa

Os veciños de Cures e Mouzo xa teñen Casa
Marcos Bugallo escoltado polo alcalde vimiancés e Jose Antonio Vila estreando a Casa dos Veciños de Cures e Mouzo

Este pasado sábado os veciños de Cures e Mouzo, nas parroquias de Cereixo e Carnés, respectivamente, estrearon un novo local. Trátase da Casa dos Veciños da Comunidade de Montes de Cures e Mouzo, que vén de rehabilitar a nova directiva cos fondos do GDR.

Agora os veciños terán un lugar para facer as asembleas da Comunidade, pero tamén haberá un espazo para facer actividades para os nenos, charlas informativas ou xogar a partida no día a día. De feito o local ten un salón social e meso unha aula de formación porque os veciños xa queren poñerse a andar con cursos de iniciación na internet.

Grran ambiente na inauguracion da Casa dos Vecinos de Cures e Mouzo

Unha Comunidade con historia

Como nos conta Macos Bugallo, que xa leva 7 anos na presidencia, falamos dunha comunidade con historia. E con historia singular pois naceu un 23 de febreiro de 1981, en pleno golpe de estado.

O mérito da comunidade é enorme pois hai xa moitos anos que a celulosa partiu o monte plantando eucaliptos e mercando parte das parcelas. "Era un monte totalmente fragmentado", sinala Bugallo, quen recoñece o traballo da Comunidade para recuperalo e unificalo.

Agora, polo de pronto, xa teñen un espazo onde poder planificar as novas plantacións.

Novas relacionadas

Comentarios