Luns. 29.04.2024
El tiempo

"As pinturas rupestres do dolmen de Pedra Cuberta consérvanse en bo estado"

Pinturas de Pedra Cuberta 2
Pinturas de Pedra Cuberta
"As pinturas rupestres do dolmen de Pedra Cuberta consérvanse en bo estado"

Rematou, cunha visita institucional, a primeira campaña de escavación arqueolóxica en décadas, do dolmen de Pedra Cuberta. Responsables municipais e da Deputación da Coruña viviron a visita guiada dos arqueólogos Lino Gorgoso e Fernando Carrera, que despois se trasladaron aá Casa da Cultura e Vimianzo para ofrecer unha conferencia de valoración técnica do atopado durante os traballos.

E a conclusión é a máis positiva: as pinturas do interior se atopan en bo estado. Sinalaron ademais que a técnica pictórica é moi boa, pola resistencia observada tras todos os anos de exposición ós fenómenos atmosféricos; que moitas delas se cubriron de liques e algas, ocultándose e agredindo a pintura; que os restos de pintura conservada coinciden en xeral co rexistrado por Leisner; que siguen existindo as cores vermellas e negras, sobre un revoco branco e que se estudarán as diferentes fases de aplicación da pintura para coñecer con máis detalle o seu contexto.

Pinturas rupestres Dolmen Pedra Cuberta 3

Os traballos realizáronse en dúas fases: a primeira, unha sondaxe no exterior da cámara para verificar a existencia ou non de coiraza e o estado do túmulo. A segunda, a escavación dos depósitos máis recentes no interior do corredor e da cámara para acadar o nivel observado por George Leisner en 1933, deixando así á vista todas as pinturas.

Identificáronse un total de 26 depósitos diferentes que contiñan materiais, tanto recentes como prehistóricos, especialmente dúas puntas de frecha, así como hematites, é dicir, óxidos de ferro que empregaron para as pinturas da cámara e do corredor.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu aos presentes, á Xunta, á Universidade de Santiago de Compostela e á Deputación da Coruña pola súa implicación, tamén ó equipo de traballo polas tarefas realizadas, así como a Mariví e Víctor, traballadores municipais”. A rexedora quixo deixar claro o seu orgullo por ver unha rapaza, Eva do equipo arqueolóxico da súa parroquia, Pasarela.
Pola súa banda, o deputado provincial, Xosé Lois Penas, afirmou que “é unha auténtica marabilla ver hoxe aquí nenas e nenos tan pequenos; temos a obriga de crear conciencia non só para poñer en valor todos os tesouros que temos da provincia, que son moitos, senón de conservalos”, afirmou.

Novas relacionadas

NOVAS RELACIONADAS

Comentarios