Martes. 22.09.2020
El tiempo

O proxecto da Translatio volvera realizar unha serie de actividades culturais

A Traslatio da Igrexa Parroquial de Santiago de Cereixo Vimianzo
A Traslatio da Igrexa Parroquial de Santiago de Cereixo Vimianzo
O proxecto da Translatio volvera realizar unha serie de actividades culturais

Seguirá o Concello de Vimianzo espallandoa importancia da Igrexa Parroquial de Santiago de Cereixo e a Translario gracias a unha nova axuda de “O Teu Xacobeo”. Para desenvolver o compendio de actividades que se prevén, o orzamento total do que se disporá ascende a 20.000 euros, dos que o 60% estarán subvencionados pola Xunta.

As actividades (obradoiros de fotografía, andainas, visitas guiadas, exposicións, teatros ou seráns musicais…) celebraranse entre os meses de setembro de decembro de 2020 e de xaneiro a setembro de 2021, sempre e cando o contexto sanitario o permita, actividades nos eidos artísticos, de patrimonio e pensamento, deportivo e social, con proxección internacional e vencellado á Traslatio de Cereixo e aos Camiños de Santiago nas terras dos Condes de Altamira, en conexión co Castelo de Vimianzo.

Desde o Concello, recalcan a ‘importancia de poñer en valor o noso patrimonio cultura, moitas veces descoñecido e de incalculable valor inmaterial. Estaremos pendentes da evolución da situación sanitaria para corroborar que todo se celebre con estritas medidas de seguridade’, sinalan.

Ademais da contorna de Cereixo, xa que na súa igrexa atopamos o Tímpano, as actividades centrarán a súa atención tamén na ermida de Castrobuxán e a capela da Peregrina da Lagoa, xa que hai estudios que albergan a posibilidade da existencia no pasado dunha vía que conectase Santiago con Cereixo e que pasasen por estes enclaves. Faranse dúas andainas e tamén está previsto facer unha viaxe a distintos puntos xacobeos da Costa da Morte, así como ata Padrón, moi vencellado este municipio coa temática da Traslatio.

O santuario da Virxe da Barca atópase a 16 quilómetros de Cereixo, e ambos puntos comparten a mesma ría. A lenda da Virxe da Barca está relacionada coa Traslatio, e tamén se apunta a que os portos desta costa recibiran peregrinos que emprendían camiño cara a Santiago, tal e como recolle Xosé María Lema na súa obra ‘A arte relixiosa na Terra de Soneira’, ao falar da ermida de Castrobuxán.

NOVAS RELACIONADAS

comentarios