Luns. 17.06.2019
El tiempo

O PSOE ábrelle as portas a Adiante Vimianzo a dialogar

Os 6 edís do PSOE de Vimianzo con Paula Mouzo
Os 6 edís do PSOE de Vimianzo con Paula Mouzo
O PSOE ábrelle as portas a Adiante Vimianzo a dialogar

A semana pasada analizábamos no Pactómetro a situación post-electoral na capital de Soneira. Unha situación que pasaría, segundo o que falabamos coas tres forzas, por un goberno en minoría da forza máis votada (PSOE) ou por unha coalición Adiante Vimianzo-PP.

Pero esta fin de semana, o PSOE quere abrir ás portas ao diálogo, iso si, sen falar de pactos. Mónica Rodríguez anuncia a súa intención de presentarse á investidura á alcaldía, pero farao “desde a humildade e en cumprimento do mandato cidadá iniciarei os contactos necesarios cos representantes das outras forzas políticas con representación para acadar un acordo de cara á miña investidura como alcaldesa”.

Por iso, e se ben valora entende que “as diferencias ideolóxicas dificultan un acordo global co PP", tende a man ao partido do aínda alcalde Manuel Antelo. Mónica Rodríguez anima á formación de Antelo a “reflexionar sobre a masiva perda de apoios, e a non pecharse ao diálogo que lles ofrece". Mónica Rodríguez tende a man e agarda “que prevaleza a cordialidade entre os representantes da cidadanía, antepoñendo sempre o interese de Vimianzo, un Vimianzo Unido”.

Dende Adiante Vimianzo, Antelo espera "unha chamada que aínda non chegou" e considera moi complicado chegar a un acordo. "Non vemos ningún atisbo de posibilidades de chegar a un acordo con alguén que carece de programa e que só a motivan outro tipo de cuestións". "Os acordos non van ser con nós", sinala con rotundidade. 
Dende Adiante Vimianzo esperan que esta semana sexa unha semana de reunións para chegar a acordos, pero polo outro lado do Pactómetro.

Todas as novas das Eleccións

Comentarios