Publicadas as subvencións culturais, sociais e deportivas da Deputación
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria de subvencións para o fomento actividades culturais, socio e deportivas para o ano 2013 da Deputación. Así ten a ben en informarnos o Concello de Vimianzo, que apunta que as asociacións culturais, veciñais e deportivas domiciliadas, así como os clubs ou equipos de fútbol e os centros de ensino, poderán presentar as solicitudes e a documentación no rexistro do concello desde mañá ata o vindeiro 18 de maio.
Concretamente, o concello vimiancés dispón un investimento total de 28.500,€ para estas subvencións, que presentan novidades con respecto ás que se viñan convocando anos atrás en todos os Concellos. A principal delas é a propia data de convocatoria, coa que se pretende que as asociacións dispoñan do importe da subvención para o ano natural e non ao remate do mesmo, como viña sendo habitual, favorecendo así o traballo das entidades sen ánimo de lucro que se teñen que enfrontar ás actividades sen saber o orzamento total co que contan.