Venres. 29.03.2024
El tiempo

A rapazada di adeus ao Vimiverán

Vimianzo 1
A rapazada di adeus ao Vimiverán

Menudo verán pararon as ducias de criaturas que disfrutaron este verán dos programas de conciliación do Concello de Vimianzo, a través dun elenco de actividades formativas e lúdico-educativas. O Vimiverán máis concorrido das últimas edicións, con máis de 300 inscricións formalizadas, foi todo un éxito, destacando a boa acollida da nova actividade de Vimiaventura nas parroquias.

Os edís do grupo de goberno acodiron ás diferentes localizacións nas que se desenvolven as actividades para agradecerlles aos peques "o seu comportamento" e para entregarlles uns agasallos.

Comentarios